Sesións demostradoras individuais
Descrición:
O obxectivo desta sesión é mostrar dende un punto de vista práctico as virtudes e a aplicablidade desta fantástica ferramenta de software libre. Explicar os beneficios do seu uso tanto en contornos de sistemas como en contornos de fabricación.
Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.
PROGRAMA:
- Presentación da ferramenta de monitorización Zabbix
- Presentación práctica de elementos básicos de Zabbix sobre DEMO Muutech en liña:
- Recollida e presentación de datos
- Configuración de alarmas
- Creación de cadros de mando
- Outros informes
- Presentación de elementos e funcionalidades avanzadas de Zabbix (Discovery, scripts etc.)
- Integración con outras plataformas (Grafana, Ansible)
- Presentación de DEMO CDTIC en liña
- Exemplo práctico: "Como monitorizar o router da túa empresa"
- Exemplos de aplicabilidade en empresas galegas de diferentes sectores (casos de éxito)
IMPARTE:
Muutech
Muutech é unha empresa de solucións de monitorización enfocada, ademais de a contornos de sistemas de información, a contornos industriais e de produción. Empregan o sistema de monitorización de software libre Zabbix personalizado como ferramenta principal, cuxa misión é a recollida e a visualización de datos provenientes de diversas fontes: autómatas, sensores, bases de datos, servidores, equipos de comunicacións etc.
Grazas a todo isto e á súa experiencia, en Muutech son: Expertos en monitorización de sistemas de información e sistemas industriais e expertos na instalación, xestión, mantemento, integración e personalización de Zabbix.