I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONG's e Entidades de Acción Social

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Salón 2 Edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
 
O obxectivo principal desta xornada é achegar ás entidades do terceiro sector experiencias de implantación e uso de solucións TIC libres que lles permitan mellorar o xeito en que se xestionan, a súa operativa diaria e a súa organización. 
 
Por outra parte, pretende tamén servir de punto de encontro para as entidades do terceiro sector e o sector TIC, no que poder compartir experiencias e boas prácticas no uso das TIC, particularmente daquelas con licenza libre. O obxectivo é que as entidades deste sector (ONGs, ONGDs, Asociacións, colectivos de voluntarios, etc) participen nesta xornada contando tanto as súas prácticas no uso de solucións TIC libres como as necesidades que aínda teñen sen cubrir, e por outra parte que aquelas organizacións ou empresas TIC, que desenvolven ou implantan software poidan achegar a súa experiencia ao sector e ao tempo coñecer as necesidades das entidades asistentes.
 

PROGRAMA:

  • 16:30 - 16:45 Recepción de asistentes
  • 16:45 - 17:00 Inauguración da  Xornada
    • Representantes da Amtega
  • 17:00 - 18:30 Experiencias de migración a Software Libre nas organizacións
    • O software libre nos centros penitenciarios de Galicia. Rafael Rodríguez Gayoso (MELISA)
    • Experiencia de colaboración no terceiro sector para a migración a Sofware Libre. Emilio José Padrón González (GPUL) & Ana Vázquez Fernández (Coordinadora Galega de ONGDs)
    • Software libre nunha Radio Comunitaria: o caso de CUAC FM. Isabel Lema Blanco & José María Casanova Crespo (CUAC FM)
  • 18:30 - 18:50 Pausa - Café
  • 18:50 - 19:50 Ferramentas de Software Libre para mellorar a xestión das entidades sociais
    • Tecnoloxías de Información Xeográfica e Software Libre na Cooperación para o Desenvolvemento. Antón Amado Pousa (ICARTO)
    • CiviCRM: Xestión de socias e voluntarias en ESF empregando software libre. Iván Lago Castro (Enxeñería Sen Fronteiras)
  • 19:50- 20:20 Voluntariadogalego.org : Unha xanela para o sector.  Manuel L. Pan (ABERTAL)
  • 20:20-20:30 Peche e despedida

ORGANIZA:

Amtega
Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
5 + 0 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores