"Realidade aumentada. Como sacarlle partido?" e "Impresión 3d. Unha oportunidade ao alcance de tod@s"

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: ICOIIG – Delegación de Vigo: Avda. Camelias, 2-Entlo. Vigo e Streaming
 
Realidade aumentada
Neste relatorio descubriremos que pode achegar, xa a dia de hoxe, a tecnoloxía de realidade aumentada e/ou virtual ás nosas empresas. Desde mellorar os nosos procedementos internos a mellorar a canle de venda ou mellorar e aforrar custos na formación dos nosos técnicos e operarios, entre outros.
 
Impresión 3D
Neste relatorio darase un breve repaso pola traxectoria da impresión 3D e mostraranse diversos casos reais da aplicación desta ferramenta en diferentes sectores empresariais
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 09:00 – 10:30 h. Realidade aumentada
    • Aplicación aos sectores retail, turismo e industria 4.0
    • Mellora de procedementos internos
    • Optimización da canle de venda
    • Formación de técnicos e operarios
  • 11:00 – 12:30 h. Impresión 3D
    • Fabricación aditiva - Impresión 3D: da idea ao obxecto.
    • Breve repaso de historia e tecnoloxías de fabricación aditiva.
    • Casos prácticos de aplicación de fabricación aditiva:
      • Pezas finais
      • Prototipado funcional e conceptual
      • Ferramenta personalizada - utillaxe
    • Adaptadores e recambios
    • Fabricación aditiva e Transformación Dixital

IMPARTE:

D. Xoel Vázquez Dios e D. Guillermo Blanco
 
Xoel Vázquez Dios é CEO en Xoia Software Development. Non estou seguro de que naceu antes, se as miñas ganas de emprender ou a paixón pola Realidade Aumentada e Virtual. O que si sei é que ambas cristalizaron cando fomos a idea máis valorada do 3DStartUp, no ano 2014, co noso proxecto “TimeTrip Experience” para musealizar xacementos arqueolóxicos con AR. A partir de aí dedique todos os meus esforzos na consecución de dous obxectivos: coñecer a fondo a tecnoloxía de AR e VR; e fundar o que hoxe é Xoia Software Development.
 
 
Guillermo Blanco estudou Enxeñaría Industrial na EPS de Ferrol. Desde  2014, decide dedicarse profesionalmente á fabricación aditiva. En 2015 establece unha alianza comercial con Sicnova, empresa española de referencia, que entón xa contaba con 9 anos de experiencia en fabricación aditiva, para comercializar no noroeste peninsular máquinas de grao profesional. Este desenvolvemento comercial realízase a través da empresa galega Impresión3D Atlántico, da que é xerente. Grazas a esta alianza, ofrecen o mellor asesoramento técnico e as mellores máquinas de cada tecnoloxía, para ofrecer a solución adecuada a cada un dos seus clientes, que son todos aqueles interesados en afrontar unha transformación dixital.
 

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital