Xestión dun proxecto de software libre

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Este curso permitirá aos asistentes coñecer as ferramentas e as dinámicas da comunidade de desenvolvedores necesarias para xestionar un proxecto en aberto. Dende un punto de vista práctico, revisaranse as ferramentas que se empregan na xestión de proxectos open source e os seus fluxos de traballo nas comunidades arredor dos proxectos.

 

PROGRAMA


  • O desenvolvemento en aberto.
    • O modelo catedral e o modelo bazar.
    • Desenvolvemento colaborativo.
    • A importancia do factor humano no desenvolvemento en aberto.
  • Elección das ferramentas adecuadas para o traballo colaborativo.
    • Wikis, roldas de correo, foros.
    • Repositorios de código (git, subversión)
    • Ferramentas integradas: a forxa de software.
  • Sistemas de xestión de erros. Fluxos de traballo.
  • Follas de ruta: políticas de versións e definición de fitos.
  • Xestión da comunidade do proxecto.
    • Ferramentas de comunicación para xestionar un proxecto en internet.
    • Características das comunidades de desenvolvedores.

 

IMPARTE


 
D. Jose María Casanova Crespo,
 
Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña.
 
Socio fundador de Igalia, consultora especializada en open source.
 
Consultor especializado en software libre e colaborador na Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA.
 
Docente na Facultade de Informática da Universidade da Coruña no ámbito das Metodoloxías de Desenvolvemento.
 
Coordinador do Máster en Software Libre de Caixanova (Igalia-URJC) (2007-2009).
 
Membro da GNOME Foundation e do GPUL.

 

Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital