Xestión integral de empresas con Software Libre

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

 

RETRANSMISIÓN POR STREAMING: SI

Os asistentes poderán coñecer as alternativas en software libre para a xestión integral dunha empresa e comprobarán de primeira man as vantaxes de aplicar estas solucións ao seu negocio, dende a completa integración dunha tenda en internet ata a xestión contable e financeira da empresa, pasando polos clientes, os provedores, os pedidos ou a xestión do almacén.
 
 

PROGRAMA


  • Que é un software de xestión integral de empresa (ERP)? Que achega á miña empresa?
  • Alternativas de ERP en software libre.
  • Criterios para seleccionar un ERP libre e un provedor.
  • Caso práctico. Traballar cun ERP libre: dende a venda en liña ata a contabilidade con Odoo (antigamente OpenERP).

 

IMPARTE


 
D. Santiago Argüeso Armesto
  • Director técnico en Pexego Sistemas Informáticos.
  • Enxeñeiro Industrial en Automática e Electrónica.
  • Máis de sete anos realizando implantacións de software de xestión en diversos sectores.
 

Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

 

 

MATERIAIS DA ACTIVIDADE


 
Documento:  Presentación
 
Video:  Gravación do acto. Parte 1. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)

 
Video:  Gravación do acto. Parte 2. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
17 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores