Queres crear unha web? Comeza con WordPress!

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

AFORO COMPLETO
 
Este obradoiro de carácter práctico vai enfocado a que os participantes adquiran os coñecementos básicos para comezar a realizar o seu propio blog ou web, a través do software libre WordPress, coa finalidade de mellorar a comunicación da súa empresa/entidade e aumentar a súa visibilidade, tanto a través da mellora do posicionamento como abrindo novas canles de comunicación.
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Por que WordPress? Vantaxes e inconvenientes
  • Posta en marcha de WordPress
  • Aspectos básicos
  • Instalación de temas e personalización de contidos
  • Edición de páxinas e entradas de blog
  • Instalación e uso de plugins en WordPress

IMPARTE:

Consuelo Luces
Licenciada en Publicidade e RRPP pola Universidade de Vigo e Máster en Comunicación Empresarial pola ESIC Barcelona. Actualmente é consultora de Deseño e Comunicación en EOSA Consultores.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital