Queres crear unha web? Comeza con WordPress! Iniciación

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n
 
Este obradoiro de carácter práctico vai enfocado a que os participantes adquiran os coñecementos básicos para comezar a realizar o seu propio blog ou web, a través do software libre WordPress, coa finalidade de mellorar a comunicación da súa empresa/entidade e aumentar a súa visibilidade, tanto a través da mellora do posicionamento como abrindo novas canles de comunicación. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 10.00 Por que WordPress? Vantaxes e inconvenientes
  • 10.20 Posta en marcha de WordPress
  • 10.35 Aspectos básicos
  • 10.45 Instalación de temas e personalización de contidos
  • 12.00 Pausa
  • 12.30 Edición de páxinas e entradas de blog
  • 13.15 Instalación e uso de plugins en WordPress
  • 14.00 Peche da sesión

IMPARTE:

Irene Saíñas
Grao en BBAA e Mestrado en Dirección de Arte en Publicidade.
Desenvolve o seu traballo como deseñadora multimedia e en dirección de arte, realizando labores de organización da produción gráfica e editorial, elaboración de material promocional, creación e deseño
de páxinas web, produción de identidades corporativas e seguimento de campañas publicitarias.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital