Xestión avanzada de WordPress

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

RETRANSMISIÓN POR STREAMING: NON
 
Os asistentes profundarán na utilización e configuración de WordPress con características avanzadas do sistema. Contarán cun equipo informático para pór en práctica os conceptos e as ferramentas descritas na clase.
 

PROGRAMA


  • Xestión de temas
  • Xestión de plugins
  • Entradas & Páxinas
  • Menús
  • Sidebars & Widgets
  • Xestión de medios (multimedia)
  • SEO
  • Xestión de usuarios
  • Actualizando o noso sitio

 

IMPARTE


 
D. David Arias Vázquez.
 
Responsable de desenvolvemento de software en Ingenyus, Marketing Inteligente S.L.
 
Enxeñeiro de software cunha extensa experiencia no desenvolvemento de aplicacións web e móbil a través de distintas linguaxes de programación incluíndo PHP, javascript ou HTML5.
 
Desde 2013 é responsable da área de informática de Ingenyus, onde se especializou no desenvolvemento de sitios web usando Wordpress como plataforma CMS para a xestión de contidos, así como no desenvolvemento de temas, plugins e utilidades específicas para a devandita plataforma. 
 
O seu portfolio de desenvolvementos inclúe diversas webs que utilizan este CMS, como son a do Centro Nacional de Xenotipado, o grupo AtlantTIC da Universidade de Vigo, o Valedor do Pobo ou desenvolvementos específicos para máis de 50 empresas e institucións.
 
 

Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital