Iniciación a Wordpress: crear e xestionar unha web/blog profesional de balde

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

 
RETRANSMISIÓN POR STREAMING: Non
 
Os asistentes poderán coñecer as bases para a creación de webs/blogs profesionais, persoais ou corporativos, sen a necesidade de posuír coñecementos informáticos nin de deseño, así como cun orzamento moi axustado. 
 
Tratarase dunha xornada eminentemente práctica, onde o obxectivo é que cada participante termine a tarde coa súa propia web construída.
 

PROGRAMA


  • Escenario – Que quero? Que busco? Que teño? A quen quero “enganchar”?
  • Wordpress – Que é? Cales son as súas posibilidades?
  • Orzamento e plan de construción da miña web/blog
  • Necesidades previas para construír a túa web (hosting, dominio e outras ferramentas)
  • Instalación e configuración
  • Crear e xestionar contidos (estrutura, menús, páxinas, entradas, comentarios e biblioteca multimedia)
  • Personalización
  • Posicionamento e outras ferramentas para enriquecer a túa web (widgets, formularios, mapas...)
  • Exemplos e recomendacións

 

IMPARTE


 
D. Pedro Arenas Barreiro.
 
CEO Ingenyus, Marketing Inteligente S.L.
 
Acumula máis de doce anos de experiencia directiva en departamentos de marketing de multinacionais farmacéuticas e alimentarias.
 
En 2012 crea Ingenyus, unha axencia de marketing especializada en ofrecer solucións integrais no sector da innovación, a ciencia e a tecnoloxía. Desde a súa creación, Ingenyus participou na construción de máis de cen webs utilizando Wordpress como ferramenta para a creación e xestión de contidos en liña, así como o desenvolvemento de plugins específicos en base ás necesidades dos clientes cun foco especial no posicionamento en liña e a rendibilidade comercial.
 

 

Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
5 + 10 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores