Sesións demostradoras individuais
Descrición:
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula CeMIT de Vigo. R/ Oporto nº 1
Nunha sociedade que avanza a pasos axigantados, a incorporación continua de coñecemento ás empresas e ás institucións é unha necesidade vital para o seu crecemento e a súa supervivencia. Ese coñecemento reside en formadores e/ou profesionais sénior con ampla experiencia (freelance, consultores, empresarios, profesionais de oficios...) que poden atopar na formación unha actividade económica complementaria á habitual. Na práctica, as entidades formadoras teñen grandes dificultades para atopar o formador adecuado, e os formadores para atopar traballo. WeKAb nace como resposta a estas necesidades, pois “conecta coñecemento”, poñendo en contacto a expertos e formadores con empresas formadoras, de forma áxil e co factor reputación como eixe central.
PROGRAMA:
- Presentación xeral do proxecto
- Entidades: sedes e usuarios
- Formadores
- O perfil do formador
- A reputación do formador
- A busca e a selección de formadores
- Quenda de preguntas e recollida de feedback
ORGANIZA:
WeKAb
WeKAb é a primeira plataforma en liña especializada en formadores e expertos do ámbito da formación para o emprego ou lifelong learning, na que estes poden darse a coñecer, xerar reputación, formarse e ser accesible ás empresas formadoras. Trátase dun proxecto cualificado como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia, que actualmente participa no programa Galicia Open Future de Telefónica e a Axencia Galega de Innovación.
IMPARTE:
Juan Diego Pereiro Areán, Fundador e CEO.
Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario