Marketing de atracción de turistas: como xestionar as ferramentas existentes

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Aula CeMIT de Vimianzo. R/ A Braña, s/n. (Casa da Cultura de Vimianzo) Vimianzo. A Coruña
 
Este taller céntrase en dar a coñecer as ferramentas e estratexias dispoñibles en internet  para que establecementos, operadores e entidades de xestión de destinos turísticos obteñan visibilidade e rendemento económico.
 
Esta actuación enmárcase dentro de CeMIT Innova, un proxecto colaborativo para o fomento da innovación social dixital en Galicia, posto en marcha a través dun acordo de colaboración entre a Fundación FUNDETEC e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, da Xunta de Galicia.
 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Normas de estilo e lingua en redes sociais.
  • Principais canles de comunicación e formas de empregalas.
  • Xestión da reputación.
  • Ferramentas de publicación e formas de organización do traballo.
  • Como xestionar conflitos de reputación en redes.
  • Check-list  de posta en marcha de todo o explicado.

IMPARTE:

D. José Alcañiz
É Licenciado en Económicas pola Universidade de Buckingham e MBA pola Escola de Negocios Afundación. 
 
Foi xerente de Buscadestinos.com, central de reservas de hoteis e escapadas no que participou desde a súa xestación en 2006, e fundador de Esterea Comunicación Digital en 2011. 
 
É profesor asociado na Escola de Negocios Afundación e colabora como mentor de emprendedores e startups en ViaVigo, Rede Mentoring, AJE Galicia, LaunchLab e Startup Weekend Galicia.

COLABORA:

CeMIT Innova.
Para inscribirse a esta actividade prema aquí

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital