A transformación dixital na pequena e mediana empresa, máis aló do paperless

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓNCDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
 
Porque todo pasa moi rápido e hai que adaptarse. Para que isto suceda é indispensable coñecer as ferramentas dispoñibles mellor que a competencia.
 
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Modelos de Negocio, clientes e ecosistemas dixitais
  • Estratexia, como implantar a nova mentalidade e a novo paradigma
  • Ferramentas e competencias dixitais 

IMPARTE:

Queres Tecnologías
 
Empresa que leva acompañando no proceso de transformación dixital a empresas como Estrela Galicia, Gadisa ou Rede Eléctrica de España desde hai máis de 10 anos e a organizacións públicas como o Sergas ou a Amtega.
 

  

Agasol
 
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital