Só por streaming
O obxectivo da sesión é presentar unha serie de actividades que utilizaron a tecnoloxía como medio, como ferramenta, non como fin. Ao longo delas veremos como se usa a tecnoloxía para tratar temas de bulling, patrimonio arquitectónico, cultura.... E como grazas a ela achégase a estes temas a un público que doutro xeito non se alcanzaría.
Posteriormente mostraranse algunhas actividades de formación tecnolóxica que poden seguir realizándose en modalidade online.
PROGRAMA:
- Quen somos?
- Que facemos?
- Público obxectivo.
- Onde traballamos?
- Que materias manexamos?
- Uso das tecnoloxías como medio para transmitir coñecementos non tecnolóxicos.
- Formacións tecnolóxicas en modalidade online.
IMPARTE:
Trainnova, Training & Innovation, é unha empresa galega dedicada á formación principalmete tecnolóxica que desenvolve a súa actividade en toda a comunidade galega.