“Ningún comercio sen tique dixital”: Unha iniciativa gratuíta para potenciar a dixitalización do comercio galego. Tickephant

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Actividade exclusivamente por streaming

Grazas á iniciativa “Ningún Comercio sen Tique Dixital” calquera comercio galego poderá implementar de forma gratuíta o Ticket Dixital, co cal non só se consegue unha xestión interna máis eficaz e un mellor servizo ao cliente, senón que tamén se reduce o impacto ambiental e se elimina o contacto físico, engadindo un propósito de responsabilidade social aos seus valores de empresa. Esta aplicación contribúe a que as pemes melloren os seus procesos de cara á ‘nova normalidade’ e estean preparadas para ser máis competitivas.

 

 

PROGRAMA:

  • Presentación de Tickephant
  • O Tique dixital: principais vantaxes para o teu negocio e clientes
  • Implementación gratuíta en 3 pasos
  • Outras funcionalidades de Tickephant para impulsar a túa empresa
  • Datos de contacto

 

 

IMPARTE:

Tickephant

Startup  galega fundada en 2019 en Nigrán (Vigo), orientada a transformar  as empresas a través da  dixitalización. Tickephant conta cunha aplicación propia coa que todo tipo de empresas, especialmente o pequeno comercio e a hostalería, logran procesos máis eficientes, chegan a novos clientes, melloran a experiencia de compra e reducen os custos derivados da súa actividade empresarial. www.tickephant.com

 

Emanuele Ricciotti

Fundador de Tickephant, Emanuele é experto en optimización de motores de búsqueda (SEO), investigación de mercado e administración de empresas. A súa visión global sobre márketing dixital, especialmente no eido do e- commerce, levoulle a fundar a empresa Clickage en 2016, e tres anos máis tarde, a startup Tickephant. Ademáis da súa labor empresarial é profesor no máster de Marketing Dixital da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
5 + 3 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores