#DemosXWeb: Subvencións para a transformación dixital: implementando o ERP e a tenda en liña da túa peme

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SÓ EN LIÑA POR STREAMING
                                         

Os negocios están a experimentar un proceso de transformación dixital. Hoxe precisan sistemas de información, como un ERP, para organizar a información ou unha tenda en liña para ofrecer os seus produtos e servizos a un consumidor cada vez máis esixente. Acceder a eles é posible coas subvencións que ofrecen institucións como a Xunta de Galicia e os seus organismos competentes.

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Industria 4.0: do analóxico ao dixital
    • Claves para seleccionar un ERP
    • Por que implantar un ERP na túa peme?
    • Implantación do ERP
    • Curva de satisfacción da implantación
  • Vender  por tenda en liña: de Galicia para o mundo
    • Tenda física vs. tenda en liña
    • Optimización do SEO da túa tenda en liña
    • Promoción da túa tenda en liña: o email marketing
  • Integración de ERP e tenda en liña
    • Como sincronizar a túa tenda en liña co sistema de comercio electrónico
    • Vantaxes de integración de comercio electrónico e ERP
  • Subvencións 2019 para a implantación de ERP e tenda en liña
    • Principais subvencións do sector TIC
    • Requisitos xerais
    • Como obter unha solución TIC subvencionada

IMPARTE:

Esquío enxeñería
Empresa que ofrece soluciones TIC especializada en implantación de Sistemas de xestión e en deseño web e márketing dixital. para axudar ás empresas para mellorar a produtividade e promocionar o seu produtos e servizos.
 
Alejandro Castro

Socio fundador de Esquío Ingeniería. É enxeñeiro técnico industrial pola Universidade de Vigo. Conta con máis de 10 anos de experiencia na implantación de sistemas ERP en empresas e asociacións.

Adán López

Coordinador do Departamento de Marketing e Comunicación Dixital de Esquío Ingeniería. Conta con máis de oito anos de experiencia na innovación de proxectos dixitais de empresas e pemes industriais e produtivas.
 

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital