#DemosXweb. Solucións profesionais con hardware libre Arduino, Raspberry-pi

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Exclusivamente por Streaming
 
Aproveitar todo o coñecemento, plataformas, solucións e complementos de hardware libre co seu software libre asociado reduce enormemente os custos de enxeñería e permite chegar ao mercado decontado con solucións innovadoras e produtivas.
Para unha TIC ter produto propio, con elementos de hardware de seu, ábrelle as portas a infinidade de solucións específicas e exclusivas no mercado.
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación de Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega
  • Hardware libre
    • Que é?
    • Que hai? Estado actual
    • Que me pode resolver?
    • Como podo xerar negocio?
  • Solucións Strelia
    • Industrialización de produtos con Arduino, Raspberry Pi etc.
    • O hardware libre para o teu proxecto
    • Materializa a túa idea, somos a túa I+D+i de electrónica
  • Caso práctico desenvolvido por Strelia
    • Boia Bares
  • Conclusións
  • Contacto

IMPARTE:

Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega
Empresa que desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a oceanografía, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética. Realizan os proxectos de I+D para os produtos encomendados, integran a tecnoloxía axeitada e prestan os servizos de enxeñería electrónica e de telecomunicacións para a execución integral das solucións.
 
Santiago Moroño
Director técnico e cofundador da cooperativa de base tecnolóxica Strelia Electrotecnia. Enxeñeiro de Telecomunicacións da especialidade de equipos electrónicos con máis de 20 anos de experiencia en I+D+i na industria electrónica ibérica e internacional.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital