Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

O nivel de informatización das entidades sociais en España pódese cualificar como medio. Se consideramos as restricións económicas que adoitan ter, sería razoable que o software libre tivese unha maior difusión entre elas, e moito máis tendo en conta as similitudes que este software ten coa visión social do terceiro sector.

Este seminario pretende contribuír a incrementar o coñecemento do software libre, da súa ética e de casos de éxito de uso deste, de forma que permita disipar os medos e vencer as resistencias que poidan estar freando a súa implantación e uso no terceiro sector.

PROGRAMA:

  • Introdución aos conceptos de software libre

    Este seminario comezará cunha breve introdución aos conceptos do software libre e as súas implicacións éticas. Explicaranse as similitudes coa visión social do terceiro sector e as vantaxes que este tipo de software pode ter para as entidades de acción social. 

    Neste bloque porase o énfase en que os asistentes descubran que hai unha ética detrás do software libre, a cal, en coherencia cos valores das entidades do terceiro sector, ha de implicar unha aposta en favor do cambio gradual cara a tecnoloxías non privativas (así sexan ou non gratis).

  • Solucións libres para a xestión e o traballo diario

    Neste segundo bloque realizarase unha presentación das principais aplicacións libres que se poden empregar para a xestión diaria e farase un pequeno percorrido polas aplicacións sobre as que versarán os seguintes seminarios de formación deste ciclo, sempre presentadas con exemplos reais de uso no terceiro sector.

  • Que pode facer o software libre polo terceiro sector

    No último bloque, realizarase unha sesión de debate ou de preguntas e respostas sobre as necesidades tecnolóxicas que as entidades asistentes teñen, así como os problemas que atopan para implantar ou empregar solucións tecnolóxicas actualmente. Ademais, analizaranse as posibles solucións coas que contarían co emprego do software libre.

IMPARTE:

COLABORA:

TAMÉN CHE PODEN INTERESAR:

D. Luis Alberto Fernández Marqués.
Xerente de Agasol (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre).
EAPN
Rede galega contra a pobreza.

Esta sesión poderá ser seguida por Videoconferencia a través das aulas da Rede CeMIT situadas en:

Tamén che poden interesar as seguintes actividades que realizará o CDTIC para o terceiro sector
Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

 

 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 0 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores