SM Trébole: Solución para a xestión de procesos de negocio nas empresas

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Porque as empresas necesitan facer un seguimento de todos os seus procesos e xestionalos de forma integrada, e non de forma illada ou en base a información irrelevante ou parcial. E isto sucede en moitas compañías, a pesar de facer grandes investimentos en ferramentas corporativas.
 
Porque SM Trébole é unha ferramenta flexible e dinámica que permite integrar datos, e xestionar e explotar información, co fin de xerar o coñecemento necesario dos procesos dunha compañía, facilitar a toma de decisións e garantir a continuidade do negocio. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación xeral da solución
  • Ámbitos de aplicación e necesidades que cobre
  • Demostración práctica da solución
  • Beneficios que proporciona SM Trébole
  • Modelos de explotación de SM Trébole

IMPARTE:

SM Tecnología
SM Tecnología desenvolve a súa actividade coa vocación de ofrecer solucións TI innovadoras, orientadas a satisfacer as demandas máis esixentes dos seus clientes, adaptándose a necesidades concretas e singulares e tendo en conta escenarios de gran competitividade.
Procuran ser o socio adecuado no proceso de transformación dixital dos seus clientes, entendendo o seu negocio e estrutura organizativa; escoitando as súas necesidades; propoñendo solucións; e desenvolvendo, integrando e explotando sistemas que cobren as súas necesidades operativas, de investimento e de retorno.
O ámbito de actividade céntrase principalmente na consultoría para a xestión de procesos de negocio e no desenvolvemento e a integración de solucións
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital