Coñece a solución para a xestión empresarial: Odoo. Sinerkia iD

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Só en liña por streaming
 

No momento no que nos atopamos, dispoñer dun software de xestión avanzado, na nube e que facilite a comunicación entre os compañeiros é esencial.

Odoo posibilita todo isto a través dunha xestión empresarial completa pero ao mesmo tempo sinxela e intuitiva, aforrando tempo de xestión e sobre todo facilitando o acceso a información de todas as áreas do negocio de forma integrada.

Ademais contando cun implantador próximo e con experiencia coma Sinerkia o éxito está garantido, mantendo uns custos moderados. En comparación con outros softwares privativos, Odoo proporciona unha cobertura funcional completa cun custo de implantación, operación e mantemento moito máis reducido.

 
 

 

PROGRAMA:

  • Presentación de Sinerkia Innovación y Desarrollo
    • Quen somos
    • Que facemos
  • Que é Odoo
    • Open source
  • Demostración practica Odoo
    • Caso práctico da realización dunha compra, venda, xestión do stock e a súa facturación.
    • Estudo do balance de custo e beneficio dun proxecto relacionado co caso anterior.
    • Xestión de control de entrada e saída Xeolocalizada orientado ao Teletraballo e fora da oficina.
  • Conclusións

IMPARTE:

Sinerkia Innovación y Desarrollo

Sinerkia Innovación y Desarrollo é unha empresa tecnolóxica galega que nace no 2016, co obxectivo de ofrecer solucións  de xestión  modernas e de gran calidade as pemes

Dende o inicio apoiamos o software libre e nos especializamos no ERP Odoo, implantandoo en todo tipo de negocios e empresas, facendo as adaptacións precisas en cada caso.

O noso persoal ten unha amplia experiencia na xestión de proxectos software e desenvolvemento de software a medida, ademáis de un gran coñecemento funcional na maior parte dos sectores empresariais.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores