Redes sociais, marketing de contidos e seguimento en liña. Edición II

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

As persoas asistentes poderán entender a importancia das redes sociais como ferramenta de vínculo cos clientes; a importancia da definición dunha estratexia de contidos para as redes sociais; coñecer ferramentas que lle permitan medir o impacto da estratexia creada dentro da empresa. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 10.00 Introdución e mapa 2.0
  • 10.20 Social media plan e marketing de contidos
  • 10.35 A figura do community manager ou social media strategist
  • 10.45 Redes sociais: que son? Como se clasifican? Como funcionan? Como xestionalas?
  • 12.45 Pausa
  • 13.00 Reputación en liña e ferramentas de seguimento
  • 14.00 Peche da sesión

IMPARTE:

Jenniffer Bardelás
Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola USC. MBA pola Escola Europea de Dirección e Empresa (EUDE Business School). Mestrado en Marketing Dixital e Redes Sociais pola IMF Business School (Centro Universitario Cela Open Institute). Actualmente consultora de marketing dixital en EOSA Consultores.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital