Como utilizar as redes sociais para conectar co teu público obxectivo

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Aforo completo
 
Nesta sesión daranse a coñecer as redes sociais como canle de comunicación con clientes actuais e potenciais, e revisar cales son as máis utilizadas e máis adecuadas para cada tipo de empresa.
 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Marketing de atracción. Como usar as redes sociais para atraer clientes á nosa empresa.
  • Formas de utilización de redes sociais:
    • Publicación e organización de contidos.
    • Seguimento da reputación en liña.
    • Estatísticas.
  • Redes sociais para a empresa. Principais usos e características:
    • Facebook.
    • Twitter.
    • Instagram.
    • Pinterest.
    • Novas redes: Periscope, Snapchat, Vine etc.
  • Ferramentas para a xestión de redes sociais:
    • Publicación e organización de contidos.
    • Seguimento da reputación en liña.
    • Estatísticas.

IMPARTE:

D. José Alcañiz
É licenciado en Económicas pola Universidade de Buckingham e MBA pola Escola de Negocios Afundación. 
Foi xerente de Buscadestinos.com, central de reservas de hoteis e escapadas, na que participou desde a súa xestación en 2006. Na actualidade é CMO do ecommerce de tecnoloxía Quipup.com e CEO de Esterea Comunicación Digital, fundada en 2011.
É profesor asociado na Escola de Negocios Afundación e colabora como mentor de emprendedores e startups en ViaVigo, Rede Mentoring, AJE Galicia, LaunchLab e Startup Weekend Galicia.
Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital