Claves de marketing en liña para o teu negocio. Como trazar unha estratexia de marketing a través de internet

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Lugar de celebración: Confederación de Empresarios da Coruña Praza Luis Seoane, torre 1, entreplanta 15008 A Coruña.
 
Coincidindo coa apertura da segunda convocatoria do programa Re-acciona TIC, realízase esta xornada para dar a coñecer, a través de casos prácticos, os servizos que o programa Re-acciona TIC ofrece para a “empresa dixital”.
 
O obxectivo da sesión é formar os asistentes no uso a nivel profesional e de empresa de internet e a súa páxina web para a comercialización de produtos e servizos. 
 
 

PROGRAMA:

  • 19.00 a 20.45 Relatorio: Claves de marketing en liña para o teu negocio. Como trazar unha estratexia de marketing a través de internet
  • 20.45 a 21.00 Presentación do servizo para pemes "Marketing dixital" do programa subvencionado Re-acciona TIC
  • 21.00 Finalización

IMPARTE:

Javier Varela
Consultor de Marketing, Estratexia e Comunicación en Toctocmedia, axencia especializada en marketing e comunicación en liña.
 
Traballou en multitude de proxectos de marketing e marketing en liña para importantes marcas e empresas privadas, así como para institucións públicas. Entre eles, desenvolveu e colaborou en accións para Volkswagen, Absolut, Telefónica, Iberia, Havana Club, Gradiant, Fundación Altius, Lizarrán, Albariño Paco & Lola, Conservas Calvo, Meubook, AERCO, Igape, Femxa, Empresa e Finanzas Galicia e tamén participou na dinamización de campañas na web 2.0 para empresas como Destinia, Monster, McDonalds, Noogle, Spoonch, Escuela de Creativos Complot de Barcelona etc. É relator habitual en foros e congresos de marketing, así como formador de marketing en diferentes centros e escolas de negocios. É administrador do blog The orange market.
 
Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020
Obxectivo temático 1: Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade
Obxectivo temático 3: Conseguir un tecido empresarial máis competitivo
Unha maneira de facer Europa
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
3 + 17 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores