PROMETHEUS: Plataforma IIoT para a fabricación segura e sostible en ambientes distribuídos

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Actividade exclusivamente por streaming

Prometheus é un proxecto innovador, desenvolvido nos anos 2018-2020, que ten como obxectivos:

  • Mellorar a monitorización e a comunicación dos centros de fabricación
  • Optimizar o control enerxético dos procesos produtivos
  • Mellorar a seguridade dos centros de fabricación

Está baseado en tecnoloxías big data con analítica avanzada con base en machine learning e deep learning, sobre unha plataforma de IoT industrial securizada con ferramentas que permitan a detección precoz de eventos anómalos nunha das fábricas e na interconexión entre as distintas localizacións do grupo.

 

 

 

PROGRAMA:

  • Presentación de aliados tecnolóxicos
  • Presentación das vantaxes e obxectivos do proxecto:
    • Aplicación de tecnoloxías Big Data e IIoT na industria
    • Eficiencia enerxética
    • Detección de intrusións e seguridade
  • Presentación de resultados do proxecto e DEMO
  • Quenda de preguntas

IMPARTE:

Ednon
EDNON é unha empresa TIC con máis de 15 anos de experiencia na integración de coñecementos e servizos avanzados en sistemas, comunicacións e ciberseguridade. A súa misión é propoñer solucións TIC de valor adaptadas ás necesidades dos clientes, con base na especialización do seu persoal e o traballo continuo cos seus aliados fabricantes de tecnoloxía
 
Sixtema
SIXTEMA é unha empresa TIC que presta os seus servizos dentro do sector das tecnoloxías da información, cuxo obxectivo é dar asesoramento e desenvolver novas ferramentas no campo da mobilidade e os sistemas de información xeográficos, baseándose na especialización do seu equipo técnico nestes sistemas, en business intelligence e en desenvolvementos a medida.
 
Grupo GPF
O Grupo Plásticos Ferro está formado por un conxunto de compañías dedicadas ao deseño, á fabricación e á distribución de produtos e sistemas baseados en materiais plásticos, sendo líder na península ibérica e quinto en Europa na fabricación e a comercialización de tubeiras e accesorios plásticos.
 
Gradiant
Gradiant, centro tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia, é unha fundación privada cuxo principal obxectivo é contribuír ao dinamismo innovador, o crecemento e a mellora competitiva 
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
13 + 2 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores