PROMETHEUS: Plataforma IIoT para a fabricación segura e sostible en ambientes distribuídos

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Prometheus é un proxecto innovador, a desenvolver nos anos 2018-2020, que ten como obxectivos:
 
  • Mellorar a monitorización e a comunicación dos centros de fabricación
  • Optimizar o control enerxético dos procesos produtivos
  • Mellorar a seguridade dos centros de fabricación
 
Está baseado en tecnoloxías big data con analítica avanzada con base en machine learning e deep learning, sobre unha plataforma de IoT industrial securizada con ferramentas que permitan a detección precoz de eventos anómalos nunha das fábricas e na interconexión entre as distintas localizacións do grupo.
 
En definitiva, Prometheus pretende prover a toda a comunidade industrial dun sistema que lle permita optimizar o control enerxético, facer un mantemento preventivo e asegurar os centros de fabricación dunha forma sinxela para todos.
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación de aliados tecnolóxicos 
  • Presentación do arranque do proxecto (2018-2020) 
  • Presentación das vantaxes que se buscan ao finalizar o desenvolvemento do proxecto:
    • Aplicación de tecnoloxías Big Data e IIoT na industria
    • Eficiencia enerxética: Optimizar a xestión e minimizar os costes relacionados co consumo enerxético das fábricas durante a súa actividade diaria
    • Detección de intrusións e seguridade: Detección precoz e en tempo real de eventos anómalos relacionados coa transmisión/recepción de datos na rede industrial
  • Quenda de preguntas

IMPARTE:

Ednon
Ednon é unha empresa TIC con máis de 14 anos de experiencia na integración de coñecementos e servizos avanzados en sistemas, comunicacións e ciberseguridade. A súa misión é propoñer solucións TIC de valor adaptadas ás necesidades dos clientes, con base na especialización do seu persoal e o traballo continuo cos seus aliados fabricantes de tecnoloxía.
 
Sixtema
Sixtema é unha empresa TIC, nada no ano 2005 co obxectivo de dar asesoramento e desenvolver novas ferramentas no campo da mobilidade e dos sistemas de información xeográfica (SIX), baseándose na especialización do seu equipo técnico nestes sistemas, en business intelligence e en desenvolvementos móbiles.
 
Grupo GPF
O Grupo Plásticos Ferro está formado por un conxunto de compañías dedicadas ao deseño, á fabricación e á distribución de produtos e sistemas baseados en materiais plásticos. É líder nacional na fabricación e a comercialización de tubeiras e accesorios plásticos, que tamén o presentan como un dos maiores e máis sólidos grupos empresariais do sector en Europa.
 
Gradiant
Gradiant é unha fundación privada, sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo o desenvolvemento de novos sistemas de telecomunicacións nos ámbitos da conectividade, intelixencia e seguridade. Destacan, entre as súas competencias, as tecnoloxías DevOps, despregamentos multicloud, big data, IoT, edge e fog computing, transmisión multimedia eficiente e ciberseguridade.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital