Programa formativo AceleraTIC+ para a transformación dixital das pemes

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
 
A transformación dixital dunha empresa implica un cambio a todos os niveis: cultura, persoas, produción, clientes e provedores. Este programa formativo céntrase en formar nestes aspectos cun enfoque práctico e operativo.
 
O programa estrutúrase en 6 sesións formativas de transformación dixital de 7 horas cada unha, centradas en diversos aspectos. 
 
O programa conta unicamente con 25 prazas e desenvolverase un sistema de preinscrición e posterior selección por parte da Amtega. As preinscricións poderán formalizarse desde o 4 de abril ata o 24 de abril ás 18.00 h.
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA DAS SESIÓNS:

  • Xoves 4 de maio. Como competir no novo contorno tecnolóxico e social? Big Data, cloud computing, app economy, Internet of things, Robotización e industria 4.0. Álvaro Gómez 
  • Xoves 11 de maio. Novas canles de comunicación coa clientela. Marketing dixital e redes sociais. Javier Varela
  • Xoves 18 de maio. Estratexia de dixitalización da canle de vendas. O comercio electrónico como unha alternativa estratéxica. Carlos Otero
  • Xoves 25 de maio. Posicionamento en Internet: SEO – SEM. José Alcañiz
  • Xoves 1 de xuño. Ferramentas de medición e análise – Obradoiro de Google Analytics. Fernando Gómez
  • Mércores 7 de xuño. Modelos organizativos e visión dixital. Transformación e xestión do cambio organizacional. Pablo Castejón
  • Xoves 8 de xuño e venres 9 de xuño. Titorización/consultoría personalizada

 

Descargue o Dossier Informativo do Programa Formativo AceleraTIC+.

PREINSCRICIÓN:

As prazas para participar neste programa formativo son limitadas, polo que se inicia un proceso de preinscrición que permanecerá aberto desde o 4 de abril ata o 24 de abril ás 18.00 horas.
 
A preinscrición pode realizarse a través do seu Espazo Privado ou do correo electrónico cdtic@xunta.gal.
 
De entre as solicitudes recibidas a Amtega seleccionará a 25 directivos para cada sesión formativa. Aqueles directivos que completen as seis xornadas, recibirán o título “II Programa Especializado en Transformación Dixital da Empresa” outorgado pola Escola de Negocios IESIDE.
 

IMPARTE:

Escola de Negocios IESIDE

VIDEO:

Vídeo resumo das sesións do Programa Formativo AceleraTIC do ano 2016

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital