Programa Formativo AceleraTIC para a transformación dixital da peme

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

O obxectivo principal deste programa formativo é achegar aos directivos da PEME galega as craves e principais novidades no ámbito dixital, co fin de que reflexionen sobre os aspectos e novidades tecnolóxicas que poden ser de utilidade no día a día das empresas.

A finalidade é construír un perfil directivo que manexe o dixital dende un punto de vista estratéxico. E dicir, que adquira as habilidades necesarias para entender o valor que aportan as tecnoloxías ao negocio e impulse os cambios necesarios na empresa para unha verdadeira transformación dixital.

O programa estrutúrase ao redor de 6 sesións de transformación dixital de 8 horas cada unha centrada nas seguintes temáticas:

  • 09/06/2016. Estratexia para a nova contorna dixital. Fundamentos dunha estratexia dixital, novos modelos de negocio baseados no dixital, tendencias (cloud, bigdata, mobilidade, internet das cousas) e analizar as oportunidades e retos da contorna dixital.
  • 16/06/2016. Marketing dixital para PEMEs. Novos canles de comunicación dixital existen, como son os novos consumidores, técnicas dixitais de atracción, captación, conversión e fidelización de clientes.
  • 23/06/2016. Comercio electrónico. Analizarase as dimensións comerciais e loxísticas, trasladando a importancia dunha estratexia multicanle, así como os procesos da entrega dos produtos.
  • 29/06/2016. Big Data & Business Intelligence para o control de xestión empresarial. Analítica para o cálculo de tendencias e prediccións coa finalidade de implantar solucións de analítica en base a datos de control de xestión.
  • 07/07/2016. Análise de datos para o control da estratexia dixital. Definición de indicadores para unha estratexia dixital, ferramentas de medición como Google Analytics e sistemas chave para a medición de campañas e resultados.
  • 13/07/2016. Transformación e xestión do cambio na organización. Concienciación e capacitación non só en competencias dixitais, senon en manter unha actitude máis flexible e aberta aos cambios que require a transformación dixital.

 

PREINSCRICIÓN

As prazas para participar neste programa formativo están limitadas, polo que se abre un proceso de preinscrición que permanecerá aberto ata o luns 6 de xuño.

A preinscripción pode realizarse a través do seu Espazo Empresa e Profesionais, no correo electrónico cdtic@xunta.gal ou no teléfono 881 995 200.

De entre as solicitudes recibidas a Amtega seleccionará a 25 directivos para cada sesión formativa. Aqueles directivos que completen as seis xornadas, recibirán o título “Programa Especializado en Transformación Dixital da Empresa” outorgado pola Escola de Negocios Afundación.
 

LISTADO DE EMPRESAS ADMITIDAS

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital