Proba a túa tenda en internet xa con Prestashop na nube do CDTIC

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Nesta sesión amosaranse de xeito práctico as potencialidades de Prestashop para poñer en marcha unha tenda en liña. Tamén se mostrará a resolución de problemas reais do comercio electrónico e casos de tendas que están xa en funcionamento. Os participantes adquirirán os coñecementos básicos para pór en marcha a súa tenda en liña a través de Prestashop.
 
A sesión compleméntarase coa presentación do novo servizo de Prestashop no CDTIC Virtual que permite probar moi facilmente a aplicación xa instalada na nube. Para obter máis información para usar Prestashop na nube acceda ao CDTIC Virtual.
 

 

PROGRAMA:

  • Introdución a Prestashop
    • Prestashop. Conceptos básicos
    • Análise previa da instalación de Prestashop: requisitos, selección de modelos e instalación
    • O backoffice de Prestashop. Orientación e mellores prácticas: xestión de catálogo, xestión de clientes, xestión de prezos, xestión de pedidos e outras xestións
    • Coñecer as características e os módulos clave para Prestashop: módulos básicos, de pago, de estatísticas e accesorios
    • Frontoffice. A visión do cliente
    • Casos de uso. Exemplo de compra e xestión de pedido
    • Exposición de proxectos desenvolvidos con Prestashop
    • Preguntas e orientación de casos
  • Características de Prestashop. Vantaxes e prestacións
    • Gratuíto e de código aberto.
    • Boa integración para SEO
    • Curva de aprendizaxe suave
    • Multiidioma integrado
    • Non necesita moitos recursos
    • Temas e módulos de balde
    • Comunidade ampla

 

IMPARTE:

Hacce Soluciones TIC
Hacce Soluciones TIC, S.L. é unha empresa especializada en producción dixital de proxectos webs, plataformas para comercio electrónico, e aplicacións como social Apps ou software a medida. 
En Hacce orientanse os proxectos a desenvolvementos web que poidan ser empregados sen limitacións para o usuarios que xestionan as plataformas, e para usuarios que as visitan.
A metodoloxía na produción comeza na arquitectura da información e deseño para a experiencia do usuario (deseño UX) e integrando ao proxecto final  tests de rendemento de velocidade, seguridade e adaptabilidade (o denominado responsive). Ese padrón de calidade permite publicar webs integradas e normalizadas nas novas tecnoloxías para que realmente se convirtan nun medio de negocio e presencial en liña con conversión efectiva.
Hacce está representado por unha equipa de traballo nova con formación especializada, destacando na produción sobre CMS de libre código como Wordpress, Prestashop, Magento ou Drupal. 
Servizos:
- Deseño web
- Comercio electrónico
- Imaxe corporativa dixital
- Analítica web
- Deseño de interfaz
- Consultaría
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
5 + 12 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores