Seminario TIC: introdución á monitorización de sistemas co software libre Zabbix e aplicabilidade a outros campos como a industria

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

O obxectivo desta sesión é mostrar dende un punto de vista práctico as virtudes e a aplicablidade desta fantástica ferramenta de software libre. Explicar os beneficios do seu uso tanto en contornos de sistemas como en contornos de fabricación.
 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación da ferramenta de monitorización Zabbix
  • Presentación práctica de elementos básicos de Zabbix sobre DEMO Muutech en liña:
    • Recollida e presentación de datos 
    • Configuración de alarmas
    • Creación de cadros de mando
    • Outros informes
  • Presentación de elementos e funcionalidades avanzadas de Zabbix (Discovery, scripts etc.)
  • Integración con outras plataformas (Grafana, Ansible)
  • Presentación de DEMO CDTIC en liña
  • Exemplo práctico: "Como monitorizar o router da túa empresa"
  • Exemplos de aplicabilidade en empresas galegas de diferentes sectores (casos de éxito)

IMPARTE:

Muutech
Muutech é unha empresa de solucións de monitorización enfocada, ademais de a contornos de sistemas de información, a contornos industriais e de produción. Empregan o sistema de monitorización de software libre Zabbix personalizado como ferramenta principal, cuxa misión é a recollida e a visualización de datos provenientes de diversas fontes: autómatas, sensores, bases de datos, servidores, equipos de comunicacións etc.
Grazas a todo isto e á súa experiencia, en Muutech son: Expertos en monitorización de sistemas de información e sistemas industriais e expertos na instalación, xestión, mantemento, integración e personalización de Zabbix.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital