Presentación dos Programas de Axudas a PEMES de Red.es: Asesores Dixitais e Oficinas de Transformación Dixital

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Para impulsar a transformación dixital nas empresas, Red.es publicou as bases das convocatorias de “Asesores Dixitais” e das “Oficinas de Transformación Dixital”. Cada un destes programas está dotado cun orzamento de 5 millóns de euros e está destinado á dixitalización das pequenas e medianas empresas a cargo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cofinanciado polo Programa Operativo de Crecemento Intelixente 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Contexto rexional: iniciativas para pemes. Eladio Otero García, xefe de servizo de Innovación Tecnolóxica en Amtega, Xunta de Galicia
  • Iniciativas en Red.es para a transformación dixital das pemes. Pablo Osuna García, Dirección de Economía Dixital en Red.es
    • Presentación do programa “Oficinas de Transformación Dixital"
    • Presentación do Programa “Asesores Dixitais”
    • Accións de difusión
  • Rolda de preguntas por parte dos invitados/asistentes

ORGANIZA:

Red.es
Red.es é unha entidade pública empresarial do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.
 
Desenvolve programas de impulso da economía dixital, a innovación, o emprendemento, a formación para xente nova e profesionais e o apoio á peme mediante o fomento dun uso eficiente e intensivo das tecnoloxías da información e a comunicación (TI).
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital