Marketing dixital e comercio electrónico. Tendencias 2018 - 2020. Presentación dos novos programas do CDTIC: #MesD e #DemosXweb

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Cidade da Cultura. Edificio CINC, auditorio 2. Santiago de Compostela
 
A organización desta xornada responde a un dobre obxectivo. Por unha banda, presentar as tendencias dixitais en marketing e comercio e, por outra, presentar os novos programas do CDTIC: #MesD e #DemosXweb. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 10:00 Acreditacións
  • 10:15 Presentación dos novos programas do CDTIC: #MesD e #DemosXweb
  • 10:30 Relatorio: Marketing dixital e comercio electrónico. Tendencias 2018-2020
    • Rubén Bastón. Director da revista Marketing4ecommerce, cunha longa traxectoria na axencia Elogia, e especializado en social media e contidos dixitais.
  • 11:30 Mesa: casos de experiencias dixitais de empresa
    • Siente Galicia
    • Filament2print
    • Livetopic
    • Muuhlloa
    • Minevera
  • 12:30 Peche da xornada

ORGANIZA:

Amtega
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital