Posicionamento SEO: como aumentar as visitas á túa web

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

AFORO COMPLETO
 
O obxectivo desta sesión é coñecer os distintos factores que afectan ao posicionamento das páxinas web en Google.
 
Aprender as técnicas que determinan un bo posicionamento onpage, é dicir, a nivel da nosa propia páxina web.
 
Aprender as técnicas offpage, é dicir, fóra da nosa páxina web, que determinan un bo posicionamento.
 
Coñecer ferramentas de seguimento, investigación de competencia, palabras clave, análise do sitio web etc. para organizar os nosos traballos SEO e obter resultados.
 
Darlle ao alumnado as pautas e o coñecemento suficientes para trazar unha estratexia de posicionamento en buscadores efectiva. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Funcionamento de Google
  • Factores que afectan ao posicionamento en buscadores:
    • Factores onpage
    • Factores offpage
  • Ferramentas para o posicionamento en buscadores
  • Estratexias de posicionamento
  • Primeiros pasos que debes dar na túa web para aplicar o aprendido

IMPARTE:

Esterea Comunicación Digital
Esterea Comunicación Digital é unha empresa composta por un equipo de profesionais apaixonados polo marketing e a comunicación dentro de internet. Traballa para axudar aos seus clientes a rendibilizar a súa presenza en internet e conseguir os seus obxectivos empresariais neste medio tan cambiante.
Para iso, empregan unha metodoloxía propia, baseada en aplicar accións concretas con ferramentas concretas nas fases do proceso de venda en liña que cada caso requira. Cada proxecto é para eles un proxecto a medida, onde os obxectivos empresariais dos clientes mandan e poñen ao servizo destes o seu coñecemento e experiencia.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital