Como facer campañas SEM eficaces

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

O obxectivo desta sesión é coñecer como configurar, optimizar e seguir as campañas nas principais plataformas afectará positivamente ao rendemento do investimento que fagamos. Neste taller aprenderemos a configurar campañas nas principais plataformas, a definir os obxectivos de forma correcta, a interpretar os índices e a deseñar landings efectivas, para que os investimentos que fagamos rendan mellor. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Estrutura de campañas
  • Funcionamento e configuración de campañas nas principais plataformas:
    • Google Adwords
    • Facebook Ads
    • Plataformas RTB
  • Deseño de landings efectivas
  • Índices de seguimento de campañas
  • Análise e interpretación de resultados

IMPARTE:

Esterea Comunicación Digital
Esterea Comunicación Digital é unha empresa composta por un equipo de profesionais apaixonados polo marketing e a comunicación dentro de internet. Traballa para axudar aos seus clientes a rendibilizar a súa presenza en internet e conseguir os seus obxectivos empresariais neste medio tan cambiante.
Para iso, empregan unha metodoloxía propia, baseada en aplicar accións concretas con ferramentas concretas nas fases do proceso de venda en liña que cada caso requira. Cada proxecto é para eles un proxecto a medida, onde os obxectivos empresariais dos clientes mandan e poñen ao servizo destes o seu coñecemento e experiencia.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital