Coñece o portal SII: a plataforma para a subministración inmediata de información no IVE

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

O portal SII (www.portalsii.es) facilita a adaptación ao novo sistema de subministración inmediata de información (SII) no IVE imposto pola Axencia Tributaria.
Este novo sistema obriga a remitirlle á AEAT, por vía electrónica, os detalles sobre a facturación para, con esta información, ir configurando practicamente en tempo real os libros de rexistro. Entrará en vigor o 1 de xullo de 2017 e a partir dese intre será obrigatorio para as grandes empresas, grupos de IVE e empresas no Redeme.
A plataforma www.portalsii.es facilita a adaptación a este novo sistema, pois abarca a xestión e a transmisión, en tempo e forma, dos diferentes ficheiros e arquivos necesarios impostos pola nova normativa.
O portal SII (www.portalsii.es) é unha solución óptima para aquelas empresas de software que desexan prestarlles este servizo aos seus clientes sen necesidade de adaptar a programación, xa que este portal é compatible con calquera programa contable ou ERP que permita a exportación de datos. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación
  • Explicación da nova normativa: Que é o SII? en que consiste? a quen lle afecta? cando entra en vigor?
  • Demostración práctica da solución en liña www.portalsii.es para a adaptación ao SII no IVE
  • Rolda de preguntas
  • Despedida

ORGANIZA:

Cai Sistemas Informáticos
Empresa tecnolóxica, desenvolvedora de software propio, especializada en aplicacións de xestión empresarial especialmente dirixidas a asesorías, xestorías e despachos profesionais. Formada por un equipo multidisciplinar de profesionais, altamente cualificados e en permanente proceso de investigación e formación, especialistas tanto na materia laboral, fiscal, contable etc. como no desenvolvemento, uso e manexo das propias aplicacións. Avalada por máis de 25 anos de experiencia e coñecemento no sector, co obxectivo de ofrecer solucións fiables, seguras e adaptadas ás necesidades de cada cliente. En definitiva, trátase dunha empresa TIC, que ofrece tecnoloxía, innovación e confianza.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital