Convocatoria de axudas para a dotación do servizo de banda larga ultrarrápida

xunta
Destinatarios: A empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural galego
Período de execución: Presentación de solicitudes ata o 20 de abril de 2017
Entidade/s promotoras: Xunta de Galicia
Descrición:
Trátase dun programa de subvencións enmarcado no Plan de Banda Larga 2020, aprobado pola Xunta de Galicia a finais de 2015, que conta cun orzamento de 500.000 euros e poderase ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda. 
 
Indicar que a contía de subvención será de ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, cun máximo de 20.000€ por beneficiario. O IVE non será subvencionable.
 
Para máis información sobre a convocatoria prema aquí.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital