Xornadas demostradoras
Descrición:
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Edificio CINC. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
No ano 2017 o virus WannaCry abriulle os ollos ao mundo: os ciberataques non entenden de tamaño e calquera empresa de calquera sector está exposta ás ciberameazas.
A seguridade 100% non existe, pero coñecer a que nos enfrontamos, que medidas de seguridade implantar, como xestionalas adecuadamente, xunto con plans de formación para o persoal e a colaboración con especialistas en tecnoloxía axudan a mitigar as ameazas ás que están expostas as empresas.
PROGRAMA:
- 9.15 Acreditacións
- 9.30 Presentación institucional
- Mar Pereira. Directora de Amtega
- Antonio R. del Corral. Presidente do Clúster TIC
- 9.45 Relatorio: Ciberseguridade: que está pasando no ciberespazo?. Luis Hidalgo, Departamento de Relacións de INCIBE
- 10.30 Relatorio principal: Xestionar a ciberseguridade nas empresas dun xeito maduro. Enrique Serrano Aparicio. Experto en ciberseguridade.
- 11.30 Pausa-café
- 12.00 Mesa temática de expertos, moderada por Adrian Lence, director da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións de Amtega
- Novo regulamento de protección de datos. Adenda
- Novos servizos de seguridade. Tarlogic
- A seguridade en contornos industriais. Balidea
- Incidentes de seguridade. Inprosec
- Recuperacion frente a desastres para pemes. Ultreia
- 13.30 Peche
IMPARTE:
Enrique Serrano
Investigador, speaker, influencer, ethical hacker
Apaixonado polas tecnoloxías, a ciberseguridade e o baloncesto.
Parte do equipo de IBM Security, cofundador de Mundo Hacker, adestrador e xogador de baloncesto e emprendedor en varias empresas.