Owncloud, a túa nube baixo control. Sesión demo

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Evento eminentemente práctico sobre a xestión que fan as empresas da súa información, o marco lexislativo no que se atopan e a solución de Owncloud para combinar ambas cuestións.

 

PROGRAMA


  • Necesidades actuais das empresas
  • Xestión da información no contorno lexislativo e a protección de datos
  • Solución de Owncloud aos problemas detectados
  • Demostración das capacidades técnicas de Owncloud

 

IMPARTE


 
D. Carlos Rodríguez García.
 
Consultor TIC con máis de quince anos de experiencia en administración de sistemas informáticos baseados en GNU/Linux.
 
Director e responsable técnico da empresa Tegnix para proxectos como Abalar (75 000 equipos) e Rede CeMIT (1500 equipos) con Debian, ambos pertencentes á Xunta de Galicia.
 
Tegnix está asociada á Agasol, Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, coa que colabora activamente.

 

Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital