Xestión comercial e administrativa dunha peme con software libre. Odoo

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓNCDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
 
Porque o entorno OdooERP permite a xestión integrada e completa en pequenas empresas da xestión da parte comercial e administrativa (Ventas, Facturación, Contabilidade) e a xestión loxística da empresa (Almacéns, Compras), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación ós factores propios de cada empresa).
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación práctica dos módulos de Odoo v11 para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha peme.
  • Explicación do funcionamento básico e da configuración de módulos de Odoo: CRM, vendas, almacén, compras e contabilidade.

IMPARTE:

Anubía Soluciones en la Nube S.L
Somos unha empresa formada por enxeñeiros industriais, economistas e enxeñeiros informáticos, o que nos posibilita ter unha visión global de calquera empresa (servizos, distribución, fabricación) e entendela tanto desde o punto de vista funcional como técnico e achegar valor como especialistas en Odoo e como consultores. O cal nos permite facilitar aos nosos clientes melloras en procesos, eficacia, eficiencia.

  

Agasol
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital