Sesións demostradoras individuais
Descrición:
LUGAR DE CELEBRACIÓN: CDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
OdooERP permite a xestión integrada e completa en contornos globais (diferentes divisas, numerosos idiomas, contorno multicompañía) da xestión da parte comercial e administrativa (contabilidade, vendas, facturación) e a xestión loxística da empresa (almacéns), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación aos factores propios de cada empresa)..
PROGRAMA:
- Presentación práctica dos módulos de Odoo v11 para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha empresa.
- Explicación do funcionamento básico de módulos de Odoo: vendas, almacén, compras, contabilidade.
- Exposición dun caso de xestión comercial, administrativa e loxística.
- Realización dun exercicio práctico.
IMPARTE:
Anubía Soluciones en la Nube S.L
Empresa de consultoría, formación, desenvolvemento e implantación de solucións de software libre para a xestión completa de empresas de aplicación na nube.
Aínda que foi creada por enxeñeiros industriais de distintas especialidades, con diversas traxectorias profesionais en diferentes sectores, actualmente conta cun equipo formado por persoal multidisciplinar: enxeñeiros industriais, enxeñeiros informáticos e economistas. Isto permítelles entender o funcionamento integral das empresas dos seus clientes, tanto de pemes e de empresas de servizos, como das que contan con procesos de loxística e produción complexos.