Xestión administrativo-loxística dunha empresa de distribución con Odoo ERP

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Santiago de Compostela CDTIC (Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo)

Odoo ERP é un sistema de software libre, multiplataforma e de fácil manexo.
Posúe unha importante comunidade de desenvolvedores, con máis de 2000 módulos liberados dispoñibles que poden combinarse entre si.
 
 
 

 

 

PROGRAMA:

  • Presentación práctica dos módulos de Odoo v12 para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha peme.
  • Explicación do funcionamento básico e da configuración de módulos de Odoo: CRM, vendas, almacén, compras e contabilidade.
  • Pausa café
  • Exposición dun caso de xestión comercial, administrativa e loxística
  • Realización dun exercicio práctico 
 
 

IMPARTE:

Anubía Soluciones en la Nube
 
Consultora, formación, implantación e desenvolvemento de solucións de software de xestión empresarial en Software libre , na nube e coa filosofía de Software como servizo SaaS. Software modular e adaptado a todo tipo de empresas
 
 

  

Agasol
 
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
7 + 7 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores