#DemosXweb: Descubre como realizar a facturación e a contabilidade da túa empresa con Odoo

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Exclusivamente por Streaming
 
Para darse conta de que non é necesario un software de xestión contable específico para xestionar a contabilidade dunha empresa, pódese realizar cun ERP (Odoo).
 
Para ver o potencial real de Odoo e sacarlle o máximo partido.
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Puntos do programa
  • Ficha de cliente/provedor e produtos. Datos fiscais
  • PXC: creación de contas e diarios
  • Creación de manual de asentos
  • Realización de facturas de clientes e provedores
  • Rexistro do cobro ou pago de facturas
  • Creación de facturas rectificativas
  • Informes contables: perdas e ganancias, balance e libro maior

IMPARTE:

Anubía Soluciones en la Nube S.L
Empresa formada por enxeñeiros industriais, economistas e enxeñeiros informáticos, o que lles posibilita ter unha visión global de calquera empresa (servizos, distribución e fabricación) e entendela, tanto desde o punto de vista funcional como técnico, e achegar valor como especialistas en Odoo e como consultores. Con isto facilítanlles aos seus clientes melloras en procesos, eficacia e eficiencia.

  

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital