#DemosXWeb: Xestiona os teus cultivos dende oSIGris, a mellor aliada para pequenos agricultores

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SESIÓN EXCLUSIVAMENTE POR STREAMING
 
O principal obxectivo do streaming é poñer en coñecemento tanto dos agricultores coma dos técnicos e os asesores agrícolas as posibilidades e funcionalidades que a ferramenta ofrece actualmente, e as novidades nas que se está a traballar e se ofrecerán proximamente.
Tódolos usuarios que o desexen , xa poden cumprimentar o seu caderno de campo coa ferramenta, visualizalo e modificalo na web e descargalo en formato Excel.
 
Esta xornada supón unha moi boa oportunidade para ver unha explicación detallada tanto do proxecto como do uso da app.
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación de oSIGris
  • App de oSIGris
    • Que é? A quen vai dirixida?
    • Funcións. Caderno de campo, Sistema de alertas de pragas e enfermidades e información climatolóxica
    • Parte web. Visualización da información introducida dende a app e visualización e modificacións do caderno de campo en formato oficial.
    • Módulo para empresas, técnicos e asesores.
  • Exemplo de uso
  • Conclusións
  • Rolda de preguntas

IMPARTE:

oSIGris
O obxectivo principal do proxecto é permitirlle ao usuario operar e xestionar os seus cultivos dunha maneira máis cómoda e eficiente. Céntranse en tres funcións principais, un caderno de campo dixital que cumpre coa normativa estatal, o sistema de alertas de pragas e enfermidades, e a información climatolóxica. Estas tres funcións ofrecen a posibilidade de dixitalizar o cultivo dun xeito gratuíto. Trátase da primeira app de agricultura cooperativa e está especialmente pensada para pequenos e medianos agricultores que ata agora, por razóns económicas ou loxísticas, non tiveron a posibilidade de realizar a dixitalización do seu cultivo, nin de obter información útil dos cultivos próximos.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital