#DemosXWeb: Xestión de procesos en mobilidade mediante a plataforma cloud Nubia

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

NUBIA é unha potente ferramenta de produtividade ideada para facilitar a xestión de tarefas e o control de calidade dunha empresa, optimizando o rendemento e os recursos.
O despregamento íntegro na nube garante a alta dispoñibilidade, escalabilidade e independencia do sistema. A plataforma adáptase a calquera modelo de traballo, executa copias de seguridade automatizadas e intégrase facilmente co resto de aplicacións da organización.
 

 

 

PROGRAMA:

  • Presentación de Seresco
  • Nubia. Características xerais
  • Casos de uso
  • Caso práctico: calidade – programa de puntos de inspección. Automatización dos procesos de inspección, verificación e xeración de informes
 

ORGANIZA E IMPARTE:

Seresco
É unha compañía española dedicada ao desenvolvemento de solucións de software e á prestación de servizos dentro do ámbito das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), fundada en Oviedo no ano 1969. A nivel nacional, conta con tres sedes en Oviedo e con delegacións en Madrid, Barcelona e Vigo. Nos últimos anos, iniciou a súa expansión internacional e conta actualmente coas filiais SERESCO Atlántico, con sede en Lisboa, e SERESCO América, con sedes en Ecuador, Costa Rica, Colombia e Bolivia. 
 
SERESCO conta con máis de setecentos profesionais e proporciona servizos e solucións nas áreas de consultoría e desenvolvemento de software, outsourcing de nómina e RR. HH., cartografía e catastro, infraestruturas e sistemas, e servizos de transformación dixital. A carteira de clientela da empresa está composta por clientes e organizacións da maior parte dos sectores económicos, así como por diversos organismos das Administracións públicas.
 
 
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 14 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores