02 Xuño 2021
Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados que posibiliten o 5G
Fuente: Amtega

• A directora da Amtega, Mar Pereira, lembra que Galicia foi a primeira comunidade que aprobou un plan para facilitar a extensión do 5G, durante a presentación dos 13 casos de uso do proxecto piloto liderado por Orange
• Galicia foi o territorio escollido para a primeira conexión 5G en roaming do mundo e a única comunidade española que conta con dous proxectos piloto desta tecnoloxía
• O investimento total (público e privado) dos 30 casos de uso que se desenvolven no marco dos dous pilotos galegos é de 24 millóns de euros
• O Curso de Especialistas en Tecnoloxías de Quinta Xeración, froito da colaboración entre a Xunta e a Universidade de Vigo, e o espazo de probas e simulacións creado pola Amtega, consolidan a Galicia na vangarda do 5G

Galicia aspira a ser unha das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados necesarios para a extensión no seu territorio da tecnoloxía 5G, según manifestou hoxe a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

A directora da Amtega participou esta mañá no acto de presentación do proxecto piloto 5G que desenvolve en Galicia unha unión temporal de empresas liderada por Orange e da que forman parte Gammera Nest e as galegas Cinfo e Optare Solutions. Esta actuación forma parte das experiencias impulsadas por Red.es no marco do Plan Nacional 5G.

Mar Pereira destacou a importancia do 5G para Galicia, xa que “permitirá as mesmas prestacións que a fibra” e, ao ser unha tecnoloxía sen fíos, “é clave para mellorar a conectividade nun territorio como o noso, caracterizado pola dispersón poboacional e a complexidade orográfica”. Neste sentido, lembrou o compromiso do Estado, de acordo coas liñas establecidas pola UE, de lograr que en 2025 o 100% da población teña acceso a unha conexión de 100Mbps.

Por iso, engadiu, a Xunta “sempre tivo claro o papel que ten que asumir, que é o de ser facilitadora e impulsora indispensable para abordar a innovación tecnolóxica en Galicia”. Neste contexto, lembrou que foi a primeira Comunidade que aprobou un plan para facilitar a extensión da tecnoloxía 5G. Esa iniciativa permitiu que Galicia fora escollida como o primeiro ecenario do mundo para unha conexión 5G en roaming, ou que Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades europeas en contar con redes 5G. Además é, xunto con Andalucía, unha das dúas comunidades españolas que acollen os primeiros pilotos subvencionados por Red.es e a única que ten dúas iniciativas deste tipo.

No marco destes pilotos do Plan nacional desenvólvense en Galicia 22 casos de uso, aos que hai que sumar 8 máis que forman parte do Nodo5G do Plan galego. En total, os investimentos nestas iniciativas suman 24 millónes de euros, de procedencia pública e privada.

O posicionamento de Galicia na vangarda da tecnoloxía 5G consolídase coa aposta polo capital humano, recollida no Plan Galicia 5G. Neste eido, a colaboración entre a Xunta e a Universidades de Vigo permitiu a posta en marcha do Curso de Especialista en Tecnoloxía de Quinta Xeración, que xa vai pola segunda convocatoria. Ademáis, a Amtega, xunto coa Universidade de Vigo, creou un espazo de proba e simulación para os proxectos máis relevantes neste ámbito.

No acto de hoxe, que tivo lugar na Cidade da Cultura e foi clausurado polo secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras, Roberto Sánchez, foron presentados 13 casos de uso, cun investimento de máis de 9 millóns de euros. 9 deles se realizan na provincia de Pontevedra, 2 en Lugo, 1 na Coruña e outro en Ourense.

Os casos de uso presentados hoxe foron:

  • Un sistema de video biométrico para limitar os accesos á lonxa de Vigo ao persoal autorizado;
  • un soporte remoto experto para a industria que permite que un operario reciba instruccións a tempo real;
  • un soporte remoto experto para poder recibir instruccións precisas en urxencias sanitarias;
  • un control de procesos críticos en plantas de produción a través de comunicacións sen cables;
  • un sistema de visita virtual para lugares turísticos;
  • un sistema virtual de educación con clases con contido enriquecido 3D;
  • un campus intelixente con tecnoloxías Virtual Analytics e Smart Lab;
  • un control de empaquetado por procesamento de imaxe;
  • un sistema de loxística e gestión de frotas sobre 5G;
  • un sistema de vixilancia sobre 5G mediante aeronaves non tripuladas;
  • un sistema de mellora da produtividade agraria mediante a correlación de parámetros aportados por sensores;
  • un sistema que mellora o acceso móbil e que permite ofrecer servizos que hoxe soamente están dispoñibles con acceso de red fixa ultra rápida de última xeración;
  • un sistema de xogo interactivo multixogador masivo para teléfonos intelixentes;
  • e un sistema de produción e transmisión de TV en directo.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
2 + 11 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores