08 Marzo 2021
A Amtega abre o prazo de inscrición do programa Tecnólogo por un día en formato online con máis de 150 prazas para estudantes de 15 a 17 anos
Fuente: Amtega
• Desde hoxe e ata o vindeiro 22 de marzo o persoal docente dos centros educativos pode inscribir ao seu alumnado para participar no programa
• Un total de 152 estudantes terán a posibilidade de participar nas distintas modalidades de sesións online grazas ás 12 empresas tecnolóxicas que colaboran no programa
• Os participantes achegaranse en primeira persoa ás profesións dixitais a través de talleres, a inmersión en proxectos TIC reais, con encontros con responsables de talento ou profesionais sénior de ampla traxectoria no sector
• Trátase dunha das iniciativas do Plan DigiTalent para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos/as
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do programa Tecnólogo por un día, unha das iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent. Como en edicións anteriores, cóntase coa colaboración de empresas do sector TIC galego que acompañarán aos participantes nas distintas sesións online.
 
Sesións en formato online
Nesta edición, optouse por converter o programa ao formato online para poder seguir contribuíndo a mellorar a visión que proxectan as profesións científico-tecnolóxicas, así como a súa percepción entre estudantes de 15 a 17 anos. É unha forma de achegar aos estudantes ao contexto e realidade da que formarán parte no futuro a través de tres modalidades distintas de sesións. A primeira, “Digital beginner”, permitirá a 72 estudantes participar en talleres prácticos ou a resolución de retos e problemas de proxectos reais de forma remota, un xeito único de inmersión nestes traballos da man de profesionais voluntarios/as que lles permitirán achegarse ás ferramentas e coñecementos empregados no día a día.
 
A segunda modalidade, “Digital Recruit” con 38 prazas dispoñibles, consiste nunha cita con responsables de captación de talento nas empresas TIC para que os participantes coñezan en detalle as capacidades ou coñecementos máis demandados polas empresas deste sector. E, por último, “Mentoring DigiTalent” dará a oportunidade a 42 alumnos/as de manter un encontro distendido con profesionais de ampla traxectoria no sector TIC que poidan proxectarse como figuras e modelos a emular para os estudantes e co obxectivo de mellorar a súa comprensión e entendemento das profesións dixitais.
 
Inscricións e desenvolvemento do programa
Ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo para que o persoal docente inscriba ao alumnado interesado en participar. Deberán cumprimentar o formulario dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal/es/iniciativa/tecnólog-por-un-día, onde poderán consultar as prazas ofertadas para cada modalidade de sesión por parte das empresas colaboradoras no programa, indicando as preferencias do alumnado.
 
Unha vez rematado o período de inscrición, as prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo. Co obxectivo de reforzar o atractivo vocacional das profesións TIC entre as nenas, reservarase para elas un terzo das prazas. Posteriormente, serán as empresas as que se poñan en contacto co alumnado seleccionado para concretar a data e o horario das sesións que resulte conveniente para ambos.
 
Durante os meses de abril e maio, os participantes mergullaranse nos proxectos tecnolóxicos das empresas TIC colaboradoras. Nesta nova edición os máis de 150 participantes serán acollidos polas 12 empresas colaboradoras: Altia, DXC Technology, everis, Inetum, Satec, Sivsa (Grupo Kiom), R Cable y Telecable Telecomunicaciones, Televés e os socios do Clúster TIC Galicia Aldaba, Dos Espacios, Sixtema e Tecalis.
 
Actuacións DigiTalent dirixidas á infancia e adolescencia
Actualmente, atópanse en curso cinco iniciativas do catálogo DigiTalent orientadas a fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos: Formacións técnicas e Mentoring Day da man de Televés, o programa GenTech con sesións dixitais nos centros educativos da empresa Altia, o concurso de programación DXC Iberia Codes promovido por DXC Technology e o programa educativo DigiCraft no teu cole impulsado pola Fundación Vodafone en colaboración coa Amtega e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
 
Toda a información sobre estas iniciativas, así como do resto do catálogo DigiTalent, está dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal, onde se irá publicando a información relativa aos detalles das actuacións (datas, localizacións e instrucións para a participación) a medida que estea dispoñible.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
4 + 2 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores