04 Decembro 2020
A Amtega incrementa o seu orzamento no 2021 en máis dun 48% para avanzar na transición dixital de Galicia
Fuente: Amtega
• O investimento crece un 75% respecto a 2020 para favorecer a vida no rural, contribuír a impulsar o emprego e a atraer talento dixital na Comunidade
• Finalizarase a extensión de redes de 100Mbps en máis de 600 núcleos do rural, iniciarase a execución do Plan para a mellora de cobertura móbil de lanzarase unha nova convocatoria para facilitar o acceso a fibra de empresas
• Estenderase a educación integramente dixital a 3º e 4º da ESO e reforzaranse as infraestruturas e os servizos dixitais que se prestan a todos os centros educativos e familias
• Avanzarse na consolidación do expediente xudicial electrónico cun 80% de vistas dixitais e o 100% con videoconferencia
• Ampliaranse as medidas para acadar unha administración completamente dixital e automatizada, configurando unha Xunta no móbil
• Impulsarase o crecemento do ecosistema dixital con accións encamiñadas a fomentar a adopción de tecnoloxías avanzadas e a dixitalización doutros sectores económicos
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) incrementa en máis dun 48% o seu  orzamento para o 2021, que ascende 194.072.386 euros, 63 millóns de euros máis que no exercicio anterior. Un orzamento para avanzar na transición dixital que marca Europa, consolidar uns servizos públicos do século XXI, favorecer a vida no rural e contribuír a impulsar o emprego e atracción de talento dixital na Comunidade. Un orzamento para avanzar nos obxectivos da Estratexia Galicia Dixital 2030, aprobada onte no Consello do Goberno galego.
 
Así o explicou a directora da Amtega, Mar Pereira, durante a súa comparecencia na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para detallar as contas do seu departamento para o vindeiro ano, no que se destinarán máis de 152 millóns de euros, case un 75% máis que en 2020, a investimentos que impactan en cinco áreas: a dixitalización do sector público; o impulso á dixitalización dos sectores económicos; a conformación dun territorio intelixente e conectado; á inclusión e a capacitación dixital da sociedade e  ao reforzar o ecosistema dixital.
 
Por outra banda, son os primeiros orzamentos da Axencia pública que integran as partidas orzamentarias do Cixtec co que, segundo sinalou a directora, “avanzamos na consolidación das capacidades dixitais da administración autonómica nun momento de importantes proxectos de transformación dixital na Comunidade”.
 
Dixitalización do sector público 
Os orzamentos da Amtega contemplan preto de 100 millóns de euros para os plans de dixitalización do sector público, tanto da administración xeral, como da xustiza, a educación, as políticas sociais, o emprego e as infraestruturas dixitais corporativas.
 
No ano 21 dúplícase o investimento para avanzar cara a unha administración dixital e automatizada, incrementando os servizos online baixo o proxecto a “Xunta no móbil”, acompañando a nova regulación do teletraballo cun Plan de dotación do posto dixital avanzado do empregado público. No eido da facenda pública avanzarse cara un modelo integral de atención ao contribuínte e aplicaranse tecnoloxías avanzadas na procesos de loita contra.
 
No ámbito xudicial o obxectivo é estender o expediente xudicial electrónico, levando o modelo de salas de vistas dixitais ao 80% das salas e acadar o 100% con sistema de videoconferencia, ademais de impulsar o teletraballo dos profesionais da xustiza.
 
No que respecta a educación dixital ampliarase a iniciativa E-Dixgal a 3º e 4º da ESO, con novos contidos curriculares e reforzaranse as infraestruturas e os servizos dixitais que se prestan a todos os centros educativos e familias.
 
En canto á dixitalización dos servizos sociais lanzarase o Portal eSocial,  a plataforma Asiste, para facilitar de xeito gratuíto aos maiores un “asistente social no móbil” ; e ao lanzamento do Plan de impulso ao modelo Dixital Sociosanitario no ámbito residencial da man da Consellerías de Política Social e Sanidade.
 
Na área de emprego, con 2,9 millóns de euros abordarase a posta marcha dun plan de dixitalización do sistema público de emprego. 
 
Para fornecer as infraestruturas dixitais e garantir a seguridade adaptarase a rede corporativa ás esixencias dunha administración integramente dixital e ampliarase o CPD integral da Xunta de Galicia así como e no reforzo ciberseguridade.
 
Impulso a dixitalización de sectores económicos
En 2021 investiranse máis de 20 millóns de euros na dixitalización dos sectores  primarios, cultural, turístico e en facilitar a transformación dixital do tecido empresarial. A xestión avanzada das explotacións agrarias, a través da plataforma Agro 4.0, a potenciación do sistema de vixilancia de incendios ou a extensión da iniciativa de dixitalización lonxas 4.0 a 35 rulas son algunhas das medidas para os sectores primarios
 
Continuarase avanzando na transformación dixital do sectores turístico e cultural incrementando os medios tecnolóxicos as oficinas de turismo; provendo de  cobertura Wifi aos albergues públicos do Camiño; ampliando a Rede Dixital de Bibliotecas de Galicia  coa integración de 450 novas bibliotecas, e coa posta en marcha do proxecto Galiciana Semántica, baseado nun modelo de xeración e grafos de coñecemento.
 
Impulsarase a transición dixital  a máis de 200 pemes e autónomos, a través do programa Reacciona, no que colabora a Amtega, e impulsarase o sector dos contidos dixitais cunha nova plataforma de  contido dixitais interactivos para nenos en idade escolar, en colaboración coa TVG.
 
Territorio intelixente e conectado
De xeito complementario ao Estado seguirase mellorando a conectividade co remate da extensión de fibra óptica en 614 núcleos do rural; co inicio do Plan de mellora de cobertura móbil en zonas illadas e cunha nova convocatoria para achegar as redes ultrarrápidas ás empresas que se atopan en zonas de conectividade limitada.
 
Ademais abordarase o desenvolvemento da Plataforma Territorio intelixente, que sobre unha base cartográfica e a través de tecnoloxías avanzadas, permitirá mellorar a toma de decisións para o desenvolvemento rexional e das estratexias de sostibilidade ambiental.
 
Inclusión e capacitación dixital 
No 2021 con máis de 10 millóns de euros  o abordarase a reconfiguración das aulas CeMIT adaptándoas as novas demandas de capacitación dixital, desenvolveranse preto de 40 actuacións do Plan Talento Dixital parar reducir a fenda crecente entre a demanda e a dispoñibilidade de talento dixital e porase en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais  para que cidadáns e empregados públicos poidan acreditar os coñecementos e habilidades que require o actual contexto dixital.
 
Impulso ao ecosistema dixital
O impulso ao ecosistema dixital contará con 11 millóns de euros que permitirán, entre outras medidas, a apertura a principios de ano do Centro Gaiastech, un espazo de demostración e experimentación tecnolóxica, a posta en marcha o Programa Gobtech para impulsar uso de tecnoloxías avanzadas por parte do sector publico en colaboración coas pemes e start-ups galegas e facilitar un un catálogo de servizos. través do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, para fortalecer as capacidades en ciberseguridade da sociedade e a economía galega.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
6 + 3 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores