05 Outubro 2020
Últimas horas para preinscribirse no programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”
Fuente: CDTIC
  • O prazo de preinscrición permanecerá aberto ata o 5 de outubro ás 18:00h
  • Realizarase unha presentación presencial e streaming do programa o 22 de setembro

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) impulsa o Programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”, que comezará en outubro e cuxo lanzamento tivo lugar o 30 de xullo por streaming (https://cdtic.xunta.gal/aceleratech-blockchain).

 

O 22 de setembro no Auditorio 1 da Cidade da Cultura e por streaming realizouse unha xornada de presentación do programa na que participaron tanto responsables de Amtega como de IESIDE, así como un relator con dilatada experiencia nunha das temáticas do programa. https://cdtic.xunta.gal/presentacion-aceleratech-2020

 

Programa específico para persoal directivo

A iniciativa está dirixida principalmente a persoal directivo, xerentes e propietarias/os de empresas, xa que estas son as persoas con capacidade de decisión e as que poden impulsar e liderar unha transformación tecnolóxica real destas.

As prazas para participar neste programa formativo son limitadas. Deste xeito, as persoas interesadas poderán preinscribirse no seguinte enlace ata o día 5 de outubro https://cdtic.xunta.gal/aceleratech2020. De entre as solicitudes recibidas, a Amtega seleccionará a 25 directivos para  asistir ás sesións formativas.

Sesións formativas do AceleraTech

O programa desenvolverase a partir de outubro en colaboración oa IESIDE e estenderase ao longo de cinco sesións formativas e un taller final. As temáticas das sesións versarán sobre os seguintes aspectos:

  • A competencia na era dos negocios dixitais
  • Big data, data science e intelixencia artificial
  • Internet of the things e 5Gg
  • Blockchain
  • Ciberseguridade
  • Construíndo a transformación dixital da peme: taller Lego® Serious Play®

 

Cómpre destacar que a sesión de ciberseguridade enmárcase no contexto do nodo de ciberseguridade CIBER.gal, estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional,  INCIBE e  CCN  para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste eido.

 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 12 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores