05 Outubro 2020
O CDTIC Virtual pon á disposición das empresas Rocket.Chat, unha aplicación para mellorar a comunicación empresarial e o traballo colaborativo
Fuente: CDTIC
  • Está dispoñible de xeito gratuíto na web do CDTIC, aloxada na nube para facilitar o proceso de proba e aprendizaxe.
  • O vindeiro mércores 7 de outubro amosarase a ferramenta nunha sesión por streaming na web do CDTIC

 

S O  Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou na súa web unha nova aplicación na nube dentro do CDTIC Virtual, que xa está a disposición das empresas e das persoas usuarias para a súa proba e avaliación. Trátase de Rocket.Chat, un software co que poderás controlar e xestionar os datos da túa comunicación ou ter a túa propia plataforma de colaboración para mellorar a produtividade do teu equipo.

 

Rocket.Chat é unha aplicación escalable, gratuíta e de código aberto. Ademais, substitúe o correo electrónico e mellora o fluxo de traballo dixital. O obxectivo principal da solución é comunicar os usuarios entre eles integrando a comunicación escrita dos chats clásicos, salas grupais nas que xuntar equipos e grupos de interese e capacidade para mencionar usuarios individuais. As conferencias, tanto de audio como de vídeo, están integradas dentro das propias salas, de xeito que os usuarios non teñan que cambiar de contexto.

 

Ademais, esta solución permite a conexión cos servidores de directorio activo corporativos, dobre factor de autenticación, cifrado extremo a extremo entre outras moitas outras como a capacidade de compartir ficheiros.

 

Sesión demostradora

O vindeiro 7 de outubro o CDTIC retransmitirá por streaming a sesión demostradora “Rocket.Chat A última solución de Software Libre para xestión da comunicación corporativa” na que o provedor tecnolóxico Queres Tecnoloxías amosará as funcións da aplicación e resolverá as dúbidas das persoas interesadas. A asistencia é de balde previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.gal/rocket-chat-2020.

 

Aplicacións na nube a través do CDTIC Virtual

A través do CDTIC Virtual, as empresas, as organizacións e as persoas usuarias que o desexen poden probar e avaliar aplicacións a través dun servizo na nube nun contorno privado.

 

A vantaxe desde servizo é que proporciona unha infraestrutura tecnolóxica xa configurada para probar a solución, sen necesidade de dispoñer dela nin de contar co tempo dun administrador de sistemas e de recursos informáticos. Deste xeito, facilítase que as empresas poidan coñecer e avaliar a utilidade da ferramenta e a adecuación ás súas necesidades das solucións ofertadas.

 

Ata o momento, as solucións dispoñibles no CDTIC Virtual, ademais de Rocket.Chat, son Alfresco, orientada á xestión documental empresarial; Odoo, un ERP para a xestión integral dunha empresa; CiviCRM, un software de xestión de relacións coa clientela para organizacións do eido social; Prestashop, unha aplicación do sistema de comercio electrónico; NextCloud, un servizo de almacenamento e compartición de ficheiros na nube; Zabbix, unha solución de monitorización de redes; FacturaScripts, un software de planificación de recursos empresariais e de administración da relación coa clientela; Taiga, unha plataforma para a xestión de proxectos áxiles; e tenda en liña con WordPress.

 

As persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como usuarias do CDTIC e posteriormente solicitar a aplicación ou as aplicacións que sexan do seu interese.

 

Centro Demostrador TIC

O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.

 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
13 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores