27 Xullo 2020
A Amtega presenta o 30 de xullo o programa formativo AceleraTech para facilitar a inmersión tecnolóxica das pemes
Fuente: Amtega
Localidade: Santiago de Compostela
É unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación impartido pola escola de negocios da Fundacion Abanca IESIDE para que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan as tecnoloxías disruptivas que marcarán a vindeira década
Comezará en outubro e o prazo de inscrición estará aberto do 1 de agosto ao 1 de outubro
Na xornada de presentación de AceleraTech estarán Gonzalo Garre, de IESIDE, e Pablo López, experto en blockchain
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presenta o vindeiro 30 de xullo o programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”, que se comezará en outubro. AceleraTech dirixido tanto ás pemes galegas como ao seu persoal directivo para que as tecnoloxías disruptivas máis relevantes e os beneficios e condicionantes necesarios para integralas na súa estratexia, estrutura e modelo de negocio.
 
O programa, que se desenvolverá a partir de outubro en colaboración coa IESIDE, abrangue diferentes xornadas formativas e prácticas específicas para persoal directivo e xerentes de empresas galegas.
 
A presentación de AceleraTech terá lugar o vindeiro 30 de xullo por streaming e nel realizarase unha exposición do programa así como unha aproximación a unha das tecnoloxías que se van abordar neste, o blockchain.
 
Para asistir á xornada de presentación de AceleraTech é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/es/aceleratech-blockchain, no correo electrónico cdtic@xunta.gal ou no teléfono 881 995 200.
 
Programa específico para persoal directivo
 
A iniciativa está dirixida principalmente a persoal directivo, xerentes e propietarias/os de empresas, xa que estas son as persoas con capacidade de decisión e as que poden impulsar e liderar unha transformación tecnolóxica real destas.
 
O programa desenvolverase a partir de outubro e estenderase ao longo de cinco sesións formativas e un taller final. As temáticas das sesións versarán sobre os seguintes aspectos: A competencia na era dos negocios dixitais; Big data, data science e intelixencia artificial; Internet of the things e 5Gg; Blockchain; Ciberseguridade; Construíndo a transformación dixital da peme: taller Lego® Serious Play®
 
As prazas para participar neste programa formativo son limitadas e o prazo de preinscrición estará aberto desde o 1 de agosto ata as 18:00h do 1 de outubro.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
16 + 4 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores