16 Xuño 2020
Actívase o primeiro plan de despregamento de fibra en todo casco histórico grazas á colaboración entre a Xunta e o Concello de Santiago

• O operador Orange presentou hoxe á directora da Amtega e ao alcalde de Compostela os detalles do proxecto, que prevé iniciar este verán na Rúa do Franco e completar nun prazo estimado de sete meses

• O despregamento conta cun investimento privado de 2,4 millóns de euros e o seu alcance esténdese a todo o ámbito do Plan Especial do casco histórico

• O operador empregará caixas de baixo impacto visual nas fachadas e utilizará as canalizacións existentes a futuro para a extensión da fibra

• O proxecto de despregamento tomou como punto de partida o ‘Catálogo de solucións’ elaborado pola Administración autonómica coa colaboración do Concello compostelán para facilitar a extensión de redes de telecomunicación en zonas protexidas

• A extensión da fibra no casco vello é un fito histórico, froito da cooperación institucional

A fibra óptica chegará á Rúa do Franco este verán e á totalidade do conxunto histórico compostelán nun prazo estimado de sete meses. Esta é previsión do plan de despregamento que o director territorial de Relacións Institucionais do operador Orange, Óscar Aragón, presentou hoxe á directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; ao alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e a directora xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo, María del Carmen Martínez. 

 
Ambas institucións veñen colaborando para facilitar o despregamento de redes de telecomunicacións nesta zona especialmente protexida coa elaboración dun catálogo de solucións técnicas e o posterior lanzamento dunha consulta pública a operadores. Este proceso rematou coas propostas de R, Telefónica e Orange, operador que solicitou a licenza municipal a semana pasada.
 
A comisión asesora de patrimonio do casco histórico informou hoxe favorablemente a proposta de despregamento para todo o ámbito da cidade histórica e o proxecto concreto para a Rúa do Franco, de cara a continuar coa tramitación administrativa da licenza, co que o operador espera poder iniciar o despregamento este verán nesta Rúa para continuar progresivamente en todo o conxunto histórico nun prazo aproximado de sete meses. O alcance desta iniciativa abrangue todo o ámbito do Plan especial, non só améndoa do casco histórico. O proxecto contempla, tamén, a compartición de infraestruturas, o que permitirá a outros operadores poder dar servizo no conxunto histórico utilizando as redes de Orange. 
 
Para a extensión da fibra o operador empregará caixas de baixo impacto nas fachadas e as canalizacións existentes. Son solucións acordadas durante o proceso de consulta aberta a operadores lanzado a finais do pasado ano por parte da Amtega, o Concello e a Consellería de Cultura e Turismo que se fraguaron tomando como punto de partida o Catálogo de Solucións Técnicas aprobado o pasado verán polo Goberno galego.
 
 
Catálogo de Solucións
O Catálogo de solucións para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia foi  elaborado pola Amtega, o operador público Retegal e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para abordar unha problemática presente en toda a Unión Europea para a que ata agora non se ofrecera ningunha solución.
 
Para a elaboración desta guía partiuse do caso concreto de Santiago de Compostela e en colaboración co Concello, co Consorcio de Santiago e cun equipo multidisciplinar (integrado por arquitectos, enxeñeiros de telecomunicación e técnicos proxectistas especializados en despregamentos de fibra óptica), elaboráronse unha serie de propostas viables e extrapolables a outros conxuntos históricos, e que serviu de base técnica a ter en conta na consulta que se pecha. 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
2 + 6 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores