07 Xuño 2020
A Xunta aplica a tecnoloxía blockchain á trazabilidade da marca de calidade “pescadeRias, de onde se non?”
Fuente: Amtega

 

  • O emprego desta tecnoloxía ofrece garantías adicionais respecto de todas as operacións que se producen na cadea de valor do produto certificado
  • O sistema, en funcionamento, xa procesou mais de 308.000 etiquetas desde o seu arranque
  • Estase a avaliar a extensión durante este ano do sistema noutros ámbitos, como a comercialización do produto das lonxas adheridas ao proxecto Lonxas Galegas 4.0, ou a trazabilidade da madeira nas cortas públicas e privadas realizadas en Galicia



A Xunta vén de implantar a tecnoloxía blockchain no sistema de trazabilidade da marca “pescadeRías, de onde se non?”, que ofrece garantías adicionais da autenticidade de cada unha das operacións que se producen na cadea de valor dos peixes e mariscos galegos certificados con esta marca de calidade.

A iniciativa, en funcionamento, xa procesou mais de 308.000 etiquetas desde o seu arranque e aproveita unha das principais fortalezas do blockchain, o seu carácter inmutable en todas e cada unha das operacións da cadea de trazabilidade. Neste sentido, pódese dicir que o emprego desta tecnoloxía equivale a asinar ante notario todas as operacións que se producen na cadea de valor do produto.

Aplicación do Blockchain a pescadeRías

Esta tecnoloxía incorpórase como parte do proceso de cada operación da cadea de trazabilidade da marca Pescaderías, de onde se non?; desde que se recibe o produto nas lonxas, se pesa e poxa no primeiro nivel de comercialización, así como todas as operacións de transformación de reexpedición que se realizan sobre o produto no segundo nivel de comercialización ata que chega ao consumidor final.

A aplicación do Blockchain á pescadeRías pon á disposición do usuario, xa sexa un axente ou un consumidor final, un informe completo de trazabilidade que pode atopar en calquera etiqueta do produto. O informe presenta as características do peixe ou marisco, a data e zona de captura, peso... e a traza de todos os axentes da marca polos que pasou ese produto.

pescadeRías

A marca “pescadeRías, de onde se non?” é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal cuxa fama de variedade e calidade traspasan as nosas fronteiras. Trátase dunha iniciativa da Consellería do Mar para impulsar que os produtos do mar procedentes da frota artesanal poidan ser claramente diferenciados, dentro da variada oferta que presenta un mercado cada vez máis globalizado e cunha ampla variedade de produtos (https://deondesenon.xunta.gal/). 

Aporta vantaxes para o consumidor que pode distinguir estes produtos con facilidade no mercado. Estas etiquetaxes son unha garantía de frescura e calidade, de respecto ao medio ambiente e de aplicación dunhas prácticas hixiénicas e de manipulación adecuadas por parte das empresas que os puxeron no mercado. As etiquetas dos produtos pescadeRías conteñen un código que permite que o usuario poida trazar en liña a súa identidade (https://deondesenon.xunta.gal/gl/consultatraza). 

Aporta tamén vantaxes para as empresas xa que a marca é unha ferramenta que se pon a disposición do sector pesqueiro para poder diferenciar a frescura e calidade do seu produto nun mercado actual competitivo. 

No ano 2019 xestionáronse un total de 2,12 millóns de etiquetas, que se corresponderon con mais de 14,3 millóns de quilos de produto, cun maior impacto (estacionalidade) nos meses de xuño a agosto.

 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
16 + 2 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores